O pasado 26 de maio o alumnado e o profesorado de 6º de Infantil do CEIP Castealo visitaron a nosa biblioteca no marco do programa "Contiños para compartir". María José Pampín, Axente de Igualdade da Mancomunidade do Concello de Ordes, contounos un fermoso conto que falaba de valores e búsqueda da felicidade.
Cando rematou o conto, o alumnado fixo un pequeno pero precioso obradoiro. Por certo, ninguén se foi sen trompa de elefante! Un bico e grazas mil por vir!!! FACENDO BIBLIOTECA!!
6º DE INFANTIL DO CEIP CASTELAO.