E seguindo en boa compañía, o xoves 28 de maio tivemos unha xuntanza co alumnado e o profesorado do CEIP Campomaior na Biblioteca Municipal. No programa "Contiños para compartir" traballamos a igualdade, e nesta ocasión axudámonos do conto "Rosa caramelo" de Adela Turín. A Axente de Igualdade da Mancomunidade de Ordes, contounos unha historia de elefantes moi didáctica e fermosa. Unha aperta para María José Pampín!!
O alumnado fixo despois un obradoiro de elefantes de moitas cores e preciosos. Que ben traballan!!!
Para rematar, Noelia Cernadas e María Rodríguez, alumnas de 4º de ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes representaron unha pequena peza teatral, escrita por elas. Titúlase "Como cans e gatos". Esta peza está baseada no personaxe Peppa Pig, e contou coa colaboración do público infantil. Que artistazas estas mozas!