Martes 8 de abril 2014. O clube de lectura da biblioteca "Sopa de Letras", mantivo un novo encontro no que os seus integrantes
comentaron e puxeron en común a lectura acordada para estas últimas
semana. Era o libro ‘Unha lúa na fiestra’ de Agustín Fernández Paz. Nesta ocasión, tamén
contaron cunha invitada moi especial, Begoña Lorenzo, Educadora Familiar
da Mancomunidade de Ordes. Esta profesional integrada dentro da área
dos Servizos Sociais da comarca tivo ocasión de explicarlles a todas e
todos en que consiste a súa profesión e os principais obxectivos do
seu traballo, así como as funcións máis habituais no seu día a día. Os
nenos e nenas deste clube aproveitaron a súa presenza para resolver
dúbidas na resolución de conflitos tanto no ámbito académico como no familiar. ‘O agasallo de Anya,’
escrito por Sabela Núñez, é o seguinte título sobre o que se traballará
na próximo encontro.