A ALEGRÍA INUNDOU A NOSA BIBLOTECA

O mércores 19 de marzo tivemos o privilexio de ter con nós a moitas das persoas que viven no Centro da Terceira Idade  de Ordes. Viñeron ás 10,30 da mañá e estiveron ata máis alá das 12,00 horas. 
Foi un pracer escoitar as súas historias, falamos moito, lemos historias que nos fixeron rir...e tamén chorar. Canto podemos aprender das persoas maiores, e que pouco aproveitamos o seu saber.
Para esta bibliotecaria de pobo, a súa visita foi  unha lección de vida.
Gracias por vir, por compartir o tempo con nós. Isto  hai que repetilo!                                                                                




Concello de Ordes