COMEZOS

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, abre as súas portas no ano 1991, nos baixos da antiga Casa Consistorial . Comeza o seu camiño, con 3.200 exemplares e moitísima ilusión. Ambas cousas foron medrando co paso dos anos, e gracias ao empeño de moitas persoas, hoxe este proxecto colectivo, segue adiante. Unha pequena biblioteca converteuse non só un centro de información que vai incorporando novas tecnoloxías, senón tamén nun local de estudo, de ocio, de vida e de encontro, nun espazo aberto e común. No ano 2011, trasládanse as instalacións aos baixos da Alameda do Soldado Lois, ampliándoas para facilitar o seu uso, e poder acoller a un volumen de usuarios que non deixa de medrar. O seu extenso horario, o incremento dos fondos e as variadas actividades de animación á lectura fan posible que sigamos medrando. A todas as xentes que nos visitan…

GRAZAS POR FACER BIBLIOTECA!!!

Concello de Ordes